Opinión

Manía persecutoria

OS MADRILEÑOS veno doutra maneira, pois nas enquisas reflíctese unha subida considerable do PP e ata algunhas o sitúan como primeiro partido por riba do PSOE na comunidade; pero desde fóra o que se aprecia é un delirio persecutorio do Goberno autonómico, que fai sinónimo de partido e de cidadanía. Entende o Executivo de Díaz Ayuso, e arrastra consigo a súa formación política, que todos os pasos do Consello de Ministros son para atacar Madrid, como se niso consistiran as restricións, como se todas as demais localidades aplicaran ou tiveran que aceptar as decisións sanitarias para frear a pandemia menos ela, e se a limitan, que se implemente igual a todas as demais. Neste enfermizo vitimismo, non admite as medidas ditadas pola Moncloa pero ao tempo pídelle aos madrileños que as cumpran incluso máis severas e antes de entrar en vigor nun paroxismo non atendido porque os cidadáns saíron en marea na pasada ponte. Un desvarío.

Comentarios