Opinión

Medallas a esgalla

NON SERÁN todas as medallas encargadas este ano por Interior para os policías e gardas civís destinados a Cataluña nos derradeiros meses do 2017, como criticou Puigdemont ao coñecer que eran sobre 12.000, con reproches de novo aos excesos dalgúns o 1-O. Pero para os suspicaces é doado concluír que así sería tendo en conta a facilidade con que os inquilinos do departamento conceden condecoracións, desde a virxes ata a escoltas do ministro, como premio ao seu traballo, cando facelo ben é a súa obriga. Porque segundo a lei de recoñecementos, que por certo é predemocrática, de 1964, algunhas distincións levan aparellada unha subida de soldo do 10% a conta de todos. Outra cousa é galardoar a quen sobresae fóra de servizo, como os lucenses que salvaron a vida a un octoxenario en Palma, pero no horario laboral vai implícito o labor contra a delincuencia, e iso ten risco, que xa vai pagado.

Comentarios