jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

Medidas coercitivas contra o virus

ENTRE O coronavirus e o medo, o país está bloqueado, e cada hora que pasa a parálise vai a máis, e on só polas medidas do Goberno de obrigado cumprimento, senón polo comportamento cidadán irresponsable nunha manchea de casos. Un amigo que entra dentro da poboación de risco precisa adquirir un termómetro para coñecer a temperatura e non o consegue por desabastecemento. É a tolemia colectiva que leva a acaparar produtos, de alimentación, hixiene ou farmacéuticos. E fronte aos esaxerados temerosos da apocalipse (ben distinto é seguir as medidas preventivas para evitar contaxios, que iso máis que na lóxica entra no inexcusable), están os cidadáns que obvian as precaucións e arriscan coa súa saúde e a dos demais, ao tomar a situación como vacacional e anegar desde o centro do coronavirus as costas españolas. Este país non acepta consellos, só se somete a medidas coercitivas, unicamente así, coas máximas restricións, superará o virus.

Medidas coercitivas contra o virus
Comentarios