Opinión

Medra a desigualdade

DOMINGO, día de partido. O home que pitou cobra 4.200 euros; a muller que o dirixiu, 1.666. Certo que o fútbol masculino xera economicamente bastante máis que o feminino, pero a diferencia de retribución non xa de xogadores senón de árbitros é abismal, 300.000 euros ao ano para eles e 25.000 para elas. Desigualdade máxima, aínda que se reduciu algo logo da presión do colectivo, incluída unha folga, pero os soldos seguen sendo incomparables. En Galicia, o Consello Económico e Social retrasa a dentro de tres xeracións a consecución da igualdade de xénero, logo de que durante a pandemia se amplificaran as diferencias en vez de atenuarse. As rendas das mulleres reducíronse un 4 por cento máis cás dos homes. Unha fenda cada vez maior. E na involución outro dato preocupante, nun ano os mozos que negan a violencia de xénero pasaron do 12% ao 20%. O Ministerio de Igualdade non foi moi efectivo, nin o resto das institucións neste campo.

Comentarios