domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

Moito por andar en igualdade

MALO CANDO un día que debería ser de celebración se converte nun de reivindicación, como o do da muller, que aínda está lonxe de conseguir a igualdade que a maioría da poboación defende, pero na que quedan excesivas fendas machistas. Xa non se oen versos que agora serían delituosos como a de Juanito Valderrama que nos setenta defendía: «Da costela do home fixeron a muller, por iso como son nosas podémosllas romper»; pero si se escoitan cánticos como os do campo do Betis no que un grupo xustificou a violencia exercida porlo xogador Rubén Castro contra a súa noiva entoando: «Non foi a túa culpa, era unha puta, ficheches ben». Por certo, o mesmo futbolista debeu quedar moi agradecido polo apoio, porque antes de retractarse dixo que cada un ten a liberdade de dicir o que quere. Moito lle queda por andar a este país en materia de igualdade. Casos como este son sintomáticos.

Moito por andar en igualdade
Comentarios