sábado. 31.07.2021 |
El tiempo
sábado. 31.07.2021
El tiempo

Nin monárquica nin republicana, amoldada

ESPAÑA tivo dúas repúblicas (Francia leva seis décadas da quinta), convulsas ambas, de un ano a primeira e cinco a segunda, se non contamos a guerra civil, cos reinados de Alfonso XII e XIII e a ditadura de Primo de Rivera por medio, e logo Franco e a volta dos Borbóns. Non se atopa maduro o país para un cambio de réxime, pero a monarquía está bastante peor hoxe que hai un ano, ou dous, ou tres, porque a abdicación do actual rei honorífico tras erros de peso permitiu a recuperación parcial ante o esgotamento. Pero a imaxe pretendidamente moderna e próxima do novo monarca, aínda que aceptada, non ten a condescendencia que atopaba o seu proxenitor e agora calquera quebranto magnifícase, para desesperación da Coroa. A aparencia de familia modélica que intentou dar logo do desencontro das dúas raíñas non serviu para a súa redención, pero aínda así non se albiscan cambios.

Nin monárquica nin republicana, amoldada
Comentarios
ç