Opinión

No medio de moitos cachos

O PROBLEMA non é de Sánchez, senón dun PSOE partido pola metade entre os defensores da abstención para deixar gobernar a Rajoy en minoría e os demais. E entre estes últimos tamén existen dúas correntes potentes, os que prefiren manter a negativa ao presidente interino do non é non aínda que no fondo lles gustaría que saíse elixido e arrearlle catro anos desde a oposición e os que non lles importaría achegarse a Podemos e os independentistas para formar goberno. E no medio Pedro Sánchez, menosprezado por Rajoy, tanto que nalgunha ocasión se negou a darlle a man como xesto mínimo de educación e na sesión de investidura incluso exteriorizou que como reclamaba a súa abstención debía tratalo con deferencia, en contra do que facía habitualmente. O ruído de espadas non asustou a Sánchez, firme na súa debilidade nun partido desmembrado. E aí veñen as autonómicas.

Comentarios