Opinión

O presidente incerto

REMATOU ABRUPTAMENTE unha lexislatura catalá que buscaba a ruptura pero bateu co muro estatal e empeza outra máis incerta aínda, dúbida que empeza por quen será presidente, e como, Puigdemont a distancia ou no Parlament ou outro do seu partido.

A mellor estratexia para el e para JxCat sería a volta para ser proclamado, paso intermedio entre a detención e encarceramento e o retorno á prisión. A fuxida a Bruxelas, vilipendiada por todos os seus rivais, demostrou ser a mellor solución, pois permitiulle unha campaña telemática coa que liderou o independentismo sobre ERC, que con Junqueras na cadea non tivo a presenza suficiente para gañar as eleccións que todas as enquisas lle aventuraban antes da campaña. Pero politicamente o retorno sería agora o mellor para Puigdemont, aínda que deba pasar uns meses preso, pero sendo de novo president, que é o dito nas urnas.
 

Comentarios