Opinión

Obsesión co distinto a eles

PRIMEIRO foi sobre os equipos que traballan contra a violencia machista en Andalucía e agora a petición céntrase na identificación dos responsables das actividades dun colectivo gay en colexios de Madrid. É unha obsesión de Vox co distinto a eles que ás veces arrasta consigo a dereita tradicional e a liberal, necesarias ambas en unión para gobernar algúns concellos e comunidades. Cs está nun aperto ao presidir a mesa da asemblea rexional, encargada de resolver sobre esta petición.

Calquera que sexa a súa decisión deixará danos colaterais a algunha das súas beiras políticas. Considera Vox adoutrinamento a prevención contra o acoso escolar por homofobia e obvia que só en Madrid se produciron o pasado ano preto de 350 ataques. E xa non falemos de insultos: seis de cada dez alumnos aseguran ter sido testemuña dalgún. Parece darlle igual, máis ben semella que ansía retornar á España predemocrática unha, grande e libre… de homosexuais visibles.

Comentarios