Na busca dunha onda tóxica para socavar o Goberno, recorreuse non só á presión política, lóxica, senón que esta se apoiaba sobre todo na mediática e en parte na xudicial (aquí principalmente na sección minoritaria do Executivo), pero agora sábese que tamén se utilizou outra pata para debilitar, as forzas de seguridade.
Gardas civís encargados de elaborar o informe sobre a manifestación do 8-M anterior á declaración do estado de alarma polo covid declararon que deixaron o traballo que facían, como a persecución de narcotraficantes, para centrarse na busca de testemuños contra o Goberno, que ademais utilizaron algúns manipulados e omitiron outros que non ían na liña marcada. Igual que na etapa previa se recorrera a aparatos do Estado, incluídos dirixentes policiais do Ministerio do Interior, na guerra sucia contra os rivais, tal e como aparece reflectido nos audios do comisario Villarejo. Todo con un fin: debilitar ou liquidar os adversarios.