Opinión

Os cálculos ás veces saen trabucados

ANALIZAR A POLÍTICA, e máis nesta época de volatilidade, ten os seus riscos, tanto que un se pode equivocar de plano, como cando se aposta por que as negociacións acabarían sumando 167, os deputados do PSOE, Podemos e confluencias, IU e PNV, para evitar a repetición das eleccións, e aquí estamos, encamiñados ao 26-X. Pero como reivindicación da cultura do fracaso, tan anglosaxoa e de momento escasamente española que permite afrontar novos proxectos tras o revés dos anteriores, imos arriscar con outro vaticinio. Se Pedro Sánchez non gaña as eleccións o PSOE forzará a súa retirada. Primeiro non lle permitiu pactar con Podemos e agora parece que o obrigará a facilitar o goberno do PP se este se mantén como máis votado, e no posterior congreso socialista Susana Díaz intentar asumir o liderado. Son cálculos, cos seus riscos; un deles, para Díaz, que o PSOE quede terceiro.

Comentarios