domingo. 01.08.2021 |
El tiempo
domingo. 01.08.2021
El tiempo

Os nacionalistas periféricos, de novo esenciais

A NON ser que o PSOE acepte a formulación de Ciudadanos de deixar gobernar a Rajoy en minoría -en política de cando en vez alcánzanse acordos que parecen incribles- os nacionalistas periféricos volverán ser decisivos para a gobernabilidade do Estado, igual que en todas as lexislaturas nas que non houbo maiorías absolutas, só catro de doce. Parecía pouco probable que isto sucedera logo da irrupción dos emerxentes, pero o reparto de escanos volve facer esenciais os partidos cataláns e vascos. Os galegos nunca o foron e seguirán sen selo, pois uns están agora diluídos na Marea aínda que con grupo propio e outros deixan o Parlamento parece que ofendidos polo escaso apoio recibido. Se a interpretación do BNG é que foi culpa das televisións e o partido non tivo responsabilidade algunha non atisban a entender o que sucedeu. Mentres, ERC, CDC e PNV poden ser determinantes.

Os nacionalistas periféricos, de novo esenciais
Comentarios
ç