martes. 20.04.2021 |
El tiempo
martes. 20.04.2021
El tiempo

Outra picada á monarquía

Xa non forman parte da Familia Real, pero son parentes do Rei, e moi cercanas. Por iso a vacinación das infantas Elena e Cristina representa outra picada para a institución que agora encarna Filipe VI. É un golpe máis á imaxe da monarquía porque saltarse a orde de inmunización representa situarse por riba dos demais, sexa en ou fóra de España, igual que antes fixeran políticos, militares ou relixiosos, algúns con aleivosía, para escarnio social que ás veces levaron a dimisións. A estratexia de salvagarda do monarca é a mesma que vén utilizando co emérito desde que os seus escándalos xa non podían agocharse: destacar que cumpre escrupulosamente coa legalidade en contraste coas súas irmáns e o seu proxenitor, dos que xa se apartara para instalarse nunha burbulla na que intentar perdurar. Pobre defensa, pero única posible cando todo arredor se encerella e aperta o casulo no que subsistir ante os continuos embates por parte dos seus. 

Outra picada á monarquía
Comentarios
ç