sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

Paradigma de fracasos do sistema

PODÍA DURAR máis pero o lóxico é que morrera no cárcere, como así foi, pois con 82 anos cumpría desde hai doce unha condena exemplar de 150. Madoff é o emblema da crise de 2008 ao estourar a súa multimillonaria fraude a través dunha estafa piramidal, paradigma do fracaso da supervisión de operacións financeiras de beneficio único e prexuízo global. Multitude de xente coñecida, grandes empresarios, institucións importantes, bancos, aseguradoras, pero tamén familiares, achegados e anónimos sufriron o engano do asesor de investimentos por un montante de 65.000 millóns de dólares. Durante anos a súa fórmula permitiulle ir dando leccións ao mundo, igual que por aquí algúns que tamén acabaron na cadea logo de pregoar e convencer das bondades do seu emprendemento. Levado ao cine como mago das mentiras, representa a especulación e a fraude, pero sobre todo cuestiona o sistema regulatorio. E iso, cun impacto global. Descanse en paz.

Paradigma de fracasos do sistema
Comentarios
ç