Opinión

Á parte doutros defectos, fáltanos humor

FOI UNHA GRAN afrenta para os nativos que se din dun gran país un artigo do The Sunday Times que nos retrata. A consideración que cada un ten do lugar no que vive é particular. Se ben o tamaño é obxectivo, e España non é dos pequenos estados en comparación co resto dos case 200 que hai no mundo, o de ser grande polo comportamento dos seus habitantes é relativo á perspectiva de cada un. Pero esta análise no xornal británico recolle aspectos negativos de nós que non podemos negar, como que somos berrallouzas (nos bares hai veces que nin se oe do griterío), maleducados (o de por favor e grazas úsase escasamente) e impuntuais. Evidentemente non todos, claro, que seguro que tamén os hai de falar pausado, correctos nas formas e metódicos coa hora. O evidente é que debemos mellorar o sentido do humor, ao ver como se puxeron unha manchea de españois por un artigo irónico. 

Comentarios