NON SEI QUEN, pero alguén incumpriu a lei. E se a norma non se segue, o lóxico é que un xulgado investigue para saber quen e o leve ao banco dos acusados. Un xulgado ou varios, porque é posible que haxa unha manchea de delincuentes por Galicia adiante, irrespectuosos coa lexislación. Hai preto de mes e medio que se sobrepasou o prazo para que os case 31.000 núcleos de poboación galegos tiveran arredor unha faixa de 50 metros rozada, limpa de pinos e eucaliptos, que tampouco debería haber a menos de dez metros dunha estrada, pero pasado o tempo foron moi poucos os concellos nos que se fixeron os deberes. Será entón culpa dos propietarios dos terreos, ou dos alcaldes ou de quen redactou a lei considerada polos afectados imposible de executar en tempo, pero alguén debería asumir esta ilegalidade manifesta. Se non, non poden logo as autoridades reclamar aos cidadáns que cumpran.
Buscar
Servicios
El Grupo
Comentarios