Opinión

En Perú, como en Madrid

ESTE DOMINGO celébranse eleccións en Perú. Unha candidata dereitista e un aspirante esquerdista dispútanse a presidencia en segunda volta. Un dos partidos utilizou un vídeo con futbolistas internacionais que reclamaban un voto contra o comunismo. A semellanza da campaña do PP madrileño que contrapoñía liberdade a socialismo primeiro e comunismo despois cando se soubo do movemento de Iglesias, en Perú recorreron a trivializar a democracia devaluando conceptos como o de liberdade cando pretenden enxalzalo. Iso uns xogadores de fútbol mediatizados por unha das partes. Alí, aquí e en moitos outros lugares adultérase un termo o mesmo que se utiliza outro para infundir medo conscientes os ideólogos das campañas de que se vota tanto en contra dun candidato como a favor de quen representa o contrario, e involuciónase ata a retornar a tempos nos que se alertaba de que os comunistas ían quedarse coas vacas.

Comentarios