lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Pobre país no que a metade vive con medo

NON PODE SER que a metade da poboación viva amedrentada. E as mulleres, polo feito de selo, teñen medo. Andan temerosas de volta soas á casa, se van de paseo fano en compañía ou por lugares concorridos e raramente logo da posta do sol, sofren desasosego cando en soedade oen pasos tras de si. Como a moza asasinada en Huelva retuiteara pouco antes de falecer, ás mulleres apréndenlles a non ir por sitios escuros en vez de ensinarlle aos monstros a non selo. Triste, moi triste, pero é así. Toman nocións de defensa persoal, carretan nos bolsos aerosoles antivioladores ou apertan as chaves na man por se algo se torce antes de acceder ao portal como signo de desconfianza de quen as segue considerando unha posesión, un obxecto. É o machismo extremo, o que ataca o feminismo e atopa voceiros incluso políticos. Sempre haberá delincuentes, pero a sociedade debe illalos e garantirlle seguridade á muller. Se non, será un pobre país.

Pobre país no que a metade vive con medo
Comentarios