Opinión

Política en negativo

 

XA ESTAMOS en campaña, se algún día os partidos a abandonaron. Agora nin se respecta o de non pedir o voto. Antes practicamente a única diferencia coa precampaña era que nesa non se reclamaba o apoio a siglas, pero dun tempo a esta parte xa non hai recato. Non se sabe aínda cal será o lema de cadaquén, pero o PSOE é obvio que recorrerá ao medo á dereita, e non unha calquera, senón a ultranacionalista que parecía apaciguada e que sobre todo con Cataluña recuperou poderío. Pero non vai ser exclusivo socialista reclamar sufraxios contra os rivais, o PP recorrerá á mesma estratexia do temor a que siga Sánchez. Ou sexa, politica en negativo para manter ou recuperar o Goberno, porque ata abril o que nos agarda sospeito que non sexan propostas, senón incidir na maldade dos demais. En abril saberase se a manifestación dereitista de Madrid lle deu impulso aos convocantes contra o PSOE e Cataluña ou, pola contra, potenciou a quen era a súa diana.

Comentarios