Opinión

Populismo de natalidade

SE RECORREMOS á simplista definición de populismo como estratexia que expón medidas de dubidosa rendibilidade xeral para atraer a simpatía cidadá, atopamos infinidade de iniciativas e de todos os partidos. Unha das últimas é a nada imaxinativa, por manida, de destinar dous mil euros a quen teña un fillo na provincia de Lugo. Os beneficiados por esta decisión institucional recibirana con satisfacción, aínda que sexan conscientes de que deste xeito non se favorece a natalidade. Ninguén ten descendencia por unha présa de cartos no momento do nacemento do bebé; pero si se pode coidalo grazas a unha situación laboral digna, se se lle permite conciliar dun xeito efectivo nos primeiros anos ou se o futuro para as novas xeracións non é sombrío. Galicia mingua e carece dunha estratexia global favorecedora do incremento poboacional, ao máis que se chega é a medidas populistas ineficaces.

Comentarios