Opinión

Postulados simplistas para atraer votos

E ENTENDEMOS por populismo intentar atraer electoralmente as masas con postulados simplistas, como que a solución económica e de seguridade para un país é frear a inmigración, en Reino Unido triunfou na campaña electoral. Sobre todo desde o último atentado terrorista e porque os conservadores sofriron un importante recorte demoscópico. Arrincaron tras a convocatoria cuns cómodos 20 puntos de vantaxe sobre os laboristas, e pasado mes e medio fóronse recurtando. Na busca dunha vitoria ampla, Theresa May recorreu a este sinxelo axioma para triunfar entre os electores a semellanza de como se fixo anteriormente na campaña favorable ao Brexit, capitaneada polo Ukip, o partido xenófobo no que quixeron pescar os tories. Por iso as declaracións da primeira ministra tras os atentados de Londres agochaban unha estratexia máis electoral que institucional. Todo vale con gañar.

Comentarios