Opinión

Preocupación autonómica

ESTE 2019 tivemos eleccións de todo tipo (municipais, europeas, dúas xerais, autonómicas onde non son nacionalidade histórica). En Galicia só nos faltaron as da comunidade. E non andan moi lonxe. Quizais medio ano, se Feijóo as adianta uns meses para que a campaña non coincida no verán. Por iso, como referente, foron tan importantes os comicios do domingo, cuns resultados que non poden deixar satisfeitos nin a PP nin a PSOE.

Aos populares, porque a pesar de recuperar o primeiro posto, o exiguo 32% sitúaos a gran distancia da maioría absoluta que precisan. Certo que Feijóo non é Casado e as autonómicas non son as xerais, pero tamén que de entrar no Parlamento sería máis incómodo Vox que Cs como posible socio se o PP non alcanza os 38 deputados. E os socialistas, polo seu considerable descenso (70.000 votos) e a perda da Coruña, tampouco están para oufanarse. En política medio ano é unha eternidade, pero ambos os dous deberían preocuparse.

Comentarios