Opinión

Á procura do voto útil, máis difícil ca antes

VOTAR CIUDADANOS é como votar PSOE, opina o PP por España adiante para arrapañar papeletas de quen descontento cos populares optou por confiar no partido de Rivera, que despois pactou cos socialistas. En Galicia a mensaxe é parecida pero con outro destinatario: votar Ciudadanos é darlle o voto a En Marea. Como chega a esa conclusión o PP? Pois cos exemplos de Ourense e Lugo, onde se todos os apoios de C’s engrosaran o hórreo popular, estes conseguirían un deputado máis e a Marea quedaría sen el nas dúas provincias interiores. O PP sabe que nuns cantos lugares xógase unha acta por unha presa de votos, de aí que, chamuscado co partido de Rivera, co que contaba para sumar, agora ve que é o seu principal rival no mesmo caladoiro e cara aí dirixe os seus avisos. É a búsqueda extrema do voto útil, que nun cuatripartito é máis difícil ca antes porque as variantes medran.

Comentarios