Opinión

Protección dos amigos sátrapas

O QUE O MUNDO árabe necesita é máis liberdade de expresión. Este era o título do que resultou ser o derradeiro artigo do xornalista saudita asasinado todo parece indicar que polo réxime do país do que fuxira. Un informe serio recoñece que dos estados árabes só Túnez é libre, e están en proceso Xordania, Marrocos e Kuwait, o que significa que unha manchea deles non alcanzan o mínimo para ser considerados democráticos. Pero aínda así, o resto dos países manteñen boas relacións e negocios con eles, incluído Estados Unidos, que cando cheira tapa o nariz e revírase, e porén impón sancións e ameaza con accións bélicas e invasión doutros porque non lle agradan. Este cinismo amosa que dá igual a liberdade que pregoan, o importante é o poder e o negocio, incluído o bélico, do que España participa e torce a cara co sátrapa saudita e un dos países menos democráticos do mundo, e descarga, igual que os principais partidos, o seu arsenal contra outros como o venezolano.

Comentarios