Opinión

Racismo e desigualdade

DESCOÑEZO SE boa parte dos policías de Estados Unidos son racistas ou se simplemente teñen uns hábitos de disparo fácil cando o presunto delincuente a someter é de raza negra. E iso que non todos os axentes son brancos. Tampouco sei de certo se en Alemaña existe moito racismo ou se as mostras existentes contra os estranxeiros son esporádicas e illadas. O que si se sabe é que o 27% dos negros estadounidenses viven na pobreza, polo que máis que cuestión de racismo, que posiblemente tamén algo haxa, é un problema de desigualdade. E en Alemaña pasa o mesmo, aínda que aquí algúns partidos non agachan ser discriminadores. Unha dirixente reclamou a "recuperación" da "selección nacional". Así nela xa non podería xogar o negro Boateng. E días atrás outro membro do mesmo partido xenófobo dixo sobre el que ninguén o querería de veciño. Retrato da ultradereita racista.

Comentarios