Opinión

Rajoy quedou primeiro pero non gañou

RAJOY non respecta a lista máis votada. Ah, que é a súa. Vaia, pois non parece, porque por segunda vez decidiu non asumir a súa responsabilidade e someterse ao ditado do Parlamento elixido polos españois para ver se contaba cos apoios precisos e seguir como presidente. Pero polo visto e por máis que se empeñen algúns sectores, quedar primeiro nunhas eleccións non significa gañalas. Non esquezamos que o noso sistema non é o maioritario, no que quen teña aínda que sexa só un voto máis que os seguintes levaría toda a representación. Aquí non, é proporcional, e aínda así os partidos máis votados saen beneficiados no reparto. De feito, o PP hai catro anos obtivo 186 deputados, maioría absoluta, grazas a 10,8 millóns de votos, e no pasado 20-D PSOE, Podemos e IU só sumaron 161 escanos con máis de 11,6 millóns. Rajoy renuncia como líder da lista máis votada porque desta non gañou as eleccións.

Comentarios