Opinión

Que a realidade non nos prive dun bo título

É HABITUAL na Redacción unha brincadeira para cando a alguén se lle ocorre un enfoque chamativo a unha noticia que dista de ser certa. Que "a realidade non te prive dun bo título", dícimos para logo desistir, obviamente, ao bater contra a verdade. Noutras profesións tamén debe suceder o mesmo e ata hai veces que o desexo se impón á exactitude, como cando a Garda Civil redacta un informe no que se fan constar ata 300 episodios de violencia por parte de grupos independentistas nun concello inexistente. Ou cando un xuíz considera que se produciu un delito de malversación a pesar de que nada o acredite. Ningún traballo está libre de erros, pero parece que na xudicatura, se se producen, que digo eu que algún haberá, nin sequera se poden reprochar porque ao facelo semella que se pon en entredito o sistema. Non é iso, pero como calquera pode ser criticable sen que se funda o Estado.

Comentarios