Opinión

Reinserción

DESTACA UNHA realidade Pablo Iglesias, o sistema xudicial e penitenciario español está pensado para a reinserción, e con que serva para que un delincuente se recupere para a vida civil xa paga a pena. Dío porque un antigo militante da Alianza por la Unidad Nacional, grupúscolo ultrancionalista dirixido por Ricardo Sáenz de Ynestrillas, non volveu delinquir, que se saiba, desde que hai mías de vinte anos agredira ao daquela mozo estudante e agora líder do terceiro partido do país. Aquel neonazi condenado por lesións e ameazas a Iglesias e outros dous rapaces é o actual principal asesor e seica autor dos discursos do líder do partido ultranacionalista determinante no Goberno andaluz e todo parece indicar que terá grupo no Congreso. Posiblemente manteña a mesma ideoloxía que o levou a atacar a uns "rojos de mierda" e a desafialos cun "os vamos a acuchillar" para eliminar o distinto, pero tivo dúas décadas para reconverterse en demócrata, polo menos en aparencia.

Comentarios