Opinión

Relaxamento co racismo

DESDE hai quince anos existe en España lexislación contra o racismo no deporte, e esta coerción ocasionou un descenso considerable de episodios de discriminación por raza. Pero agora, como se se recuara na contundencia da aplicación da lei ou non se lle temera, prodúcense incidentes, bastantes máis que esporádicos, que reflicten unha involución. Un xogador do Real Madrid foi vítima de xenofobia ao recibir berros intolerables por parte de seareiros do Atlético, posiblemente procedentes dun grupo ultranacionalista, bastante numeroso, involucrado en episodios violentos que pouco tiñan que ver co deporte, máis ben coa súa ideoloxía. Quéixase Salva R. Moya, autor dunha tese sobre racismo no fútbol, de relaxamento con comportamentos excluíntes deste tipo e posiblemente teña razón visto o que sucede en excesivos recintos deportivos, pero esta conduta, antes larvada, aflora porque tamén hai grupos políticos que lle dan voz con discursos xenófobos.

Comentarios