Opinión

Rendibilizar a confrontación e mínima xestión

O SEÍSMO político con epicentro en Murcia e réplicas en Madrid parece non ter fin. Seguen os tremores, e logo do movemento de Iglesias é posible que veñan máis. A ver cómo se chega ás eleccións autonómicas. Nestes menos de dous anos de Executivo con Cs e apoio de Vox Ayuso presenta un balance de mínima xestión e máxima confrontación, populismo trumpista que lle reporta réditos pola visibilidade opositora ao decidir sempre o contrario do fixado pola Moncloa: que todas as comunidades pechan nas pontes, pois Madrid opta por seguir aberta, aínda que alí non poida chegar ninguén ao ter vetado saír da súa; que debe estar inactiva a hostalería cando se inicia unha nova onda pandémica, pois na capital seguen a tope; que todos os executivos autonómicos prefiren adiantar o toque de queda, pois os madrileños poden retirarse máis tarde; unha concatenación de desafíos que agora busca rendibilizar, eliminar a Cs e quedarse con Vox.

Comentarios