Opinión

Renovación ou purga

OS RIVAIS chámanlle purgas para desacreditalos, pero realmente é renovación. Para ben ou para mal. Os cambios de liderado nos dous principais partidos españois, que aínda seguen sendo a pesar dos emerxentes que os ameazan, representan unha remoción en toda regla das listas electorais para Congreso e Senado. No PSOE, a volta de Pedro Sánchez á secretaría xeral co poder que non tiña cando fora elevado de forma provisoria na primeira vez, os  que apoiaron a Susana Díaz foron apartados para elaborar candidaturas practicamente ao seu antollo, incluso nas comunidades máis rebeldes. E no PP, aínda que Pablo Casado asegurara que "hai sitio para todos" parece que os sorayistas non teñen acomodo. A contestación agora non pasa de escaramuza nun e noutro partido e virá a calma ata o 28-A. E coñecidos os resultados, asentamento de liderados ou axitación interna, que son estados cambiantes e cíclicos na vida dos partidos. As urnas decidirán.

Comentarios