Opinión

Representantes de partidos máis que de cidadáns

ASÍ ESTÁ especificado, son os nosos representantes nas institucións, pero o método de listas pechadas nun sistema proporcional non obriga a gañarse a acta directamente, senón pola orde na que se figura na papeleta electoral. Por iso máis que representantes das circunscricións sono dos partidos. De feito a disciplina de voto é norma con escasas excepcións, cando nunha iniciativa os intereses dunha provincia poden ser ben distintos dos doutra, o que levaría a sufraxios diversificados. Luis Bárcenas, nado en Huelva e residente en Madrid, foi senador por Cantabria, á que non ía nin en campaña; o madrileño Pedro Duque integrou a candidatura socialista por Alacante; Vox está repleto de deputados alleos ao lugar de elección. Feijóo e Tellado serán senadores por Galicia pero poderían selo por calquera outra comunidade, como Maroto por Castela e León, que nin sabe cantas provincias ten. Son máis representantes de partidos que de circunscricións e cidadáns.

Comentarios