Opinión

Reprobación ou recoñecemento, non hai outra

ACABA DE ser sentenciado a liberdade vixiada un alemán por levar unha tatuaxe nazi. Iso foi en Alemaña, onde está prohibida a simboloxía alegórica a un período negro da súa historia. Aquí o rapaz podería fachendear do gravado na súa pel sen que a Xustiza o perseguira, dese ou de calquera outro emblema relativo á ditadura patria. De feito existen locales abertos ao público por España adiante que se vanglorian de estar decorados con todo tipo de imaxes franquistas. Permíteselles a estes románticos dun réxime totalitario ostentar a súa ideoloxía fascista. Esta permisividade cos que añoran aquela época parece reproducirse nunha manchea de concellos españois onde hai grupos políticos reacios a eliminar das rúas nomes que recordan un pasado infausto como Arriba España, Caudillo, Caídos da División Azul ou xenerais golpistas. Non reprobalo é defender o seu recoñecemento.

Comentarios