Opinión

Revirar a vista ante a traxedia

OS CEOS despexados e o vento maino no Mediterráneo, ademais de ser ideais para quen pode permitirse vacacións nas praias, tamén son idóneos para que da parte sur se lancen cara Europa milleiros de persoas en busca dun recuncho costeiro desde o que adentrarse nun mundo que lles permita vivir lonxe das miserias ou da guerras que asolan os seus lugares de orixe. Pero neste continente no que o tirado ao lixo podería servir para alimentar países enteiros subsaharianas erguemos muros para evitar que nos asalten o noso benestar. Hai días 49 persoas morrían nunha travesía, e coma esas, miles cada ano (cinco mil no 2016), pero os estados non só reviran a mirada, senón que sancionan por acoller os que conseguen alcanzar terra firme. Cinismo absoluto, cómplices da hecatombe. E como solución soben os valados. Pois mentres África siga en penuria, a traxedia non terá fin.

Comentarios