jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Saturación de eleccións

A INESTABILIDADE política pode provocar unha saturación electoral. A falta de convocatorias oficiais, en menos dun ano aventúrase unha fervenza de comicios. Os únicos claros son os municipais, rexionais para as comunidades reguladas polo artigo 143 da Constitución e europeos, para o derradeiro domingo de maio de 2019. A estes sumaranse os autonómicos de Andalucía, que tras a ruptura do pacto que Ciudadanos mantiña co PSOE todo apunta a que serán en decembro. E Sánchez pode aproveitar esta mesma data, ou un chisco máis adiante, para as eleccións xerais se se atascan os orzamentos e os nacionalistas cataláns lle dan as costas. Sería unha boa oportunidade para os socialistas, upados nas enquisas, que se beneficiarían da febleza de todos os seus contrincantes (sen asentar o novo liderado popular, descolocado Ciudadanos e decaído Podemos). E Cataluña, sempre no aramio, se algo se torce pode ir a comicios en calquera momento.

Saturación de eleccións
Comentarios
ç