Opinión

Segue de pé o pazo, o símbolo caeu

O pazo mandado construír por Pardo Bazán a finais do século XIX e durante máis de oitenta anos aproveitado pola familia Franco convértese en patrimonio de todos. Non se pode dicir que volve ser, porque a achega para a adquisición só foi dunha parte do pobo, pagado a través dunha recadación forzosa e ampliado o seu terreo adxacente con expropiacións das terras de pequenos campesiños, que nunca foron resarcidos nin sequera cando chegou a Transición, porque os protagonistas das apropiacións, desta e de moitas outras, nunca tiveron que dar contas. Nin eles nin os seus herdeiros. Este estandarte do espolio franquista perviviu máis aló da exhumación do ditador na basílica onde puido seguir sendo adorado 45 anos despois de morto. O pazo que agora é do Estado mantívose fachendoso en Meirás como unha alegoría de todo o que a familia Franco representa de arrogancia e totalitarismo e de canto confiscou. As torres seguen de pé, pero caeu o símbolo.

Comentarios