Miércoles. 19.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 19.06.2019
El tiempo

Semana decisiva, sobre todo para un

Comeza a semana decisiva, esa na que se convence unha presada de indecisos para alcanzar unha maioría ou evitala, esa na que os erros son máis visibles pola cercanía temporal e os acertos multiplicados. Pero como siga igual será unha campaña descafeinada, todo o contrario do que ocorreu na anterior das xerais, quizais porque os principais líderes quedan solapados por candidatos municipais e autonómicos, de feito incluso dalgún recén chegado pouco se soubo por falta de exposición, quizais deprimido por non colleitar os resultados que as enquisas lle outorgaban, e outro a penas atopou oco entre tanta atomización de siglas, se ben este si que o intentou para remontar un voo complicado por ir con á rota. E este si que se xoga o futuro, o único dos cinco principais, porque logo da trompada do 28-A se agora por riba perde Madrid e non mantén ou non alcanza cidades importantes, o seu liderado darase por amortizado. Se non, peor para o partido.

Semana decisiva, sobre todo para un
Comentarios