Opinión

Sobresaínte en corrupción

España aceptou sen dilación as receitas económicas procedentes de Europa, explicadas como obrigatorias porque así o determinaba a organización supranacional; pero esa dilixencia volveuse pasividade á hora de aplicar as medidas propostas contra a corrupción política e xudicial. O último informe reflicte que non cumpriu completamente nin unha das once fixadas, será porque o partido do Goberno, que debería ser o encargado de levar a iniciativa, xa se sinte inmune tras conseguir dúas vitorias electorais seguidas logo de transcender unha podremia diante da que a cidadanía parecía reaccionar. Pero non, os electores continúan apoiando maioritariamente ao partido sen importarlles que estea imputado pola contabilidade B ou que sexa o centro dunha rede xeralizada de corrupción; entón non se ve acuciado para implementar as recomendacións do Consello de Europa. Para que?

Comentarios