Opinión

Tras o terceiro chanzo, camiño das europeas

Aos principais partidos con sede central en Madrid, eses que acaban de conseguir ben bos resultados en Cataluña, con subidas considerables nos dous casos, interésalles pouco o estado autonómico. Evidentemente pretenden incrementar poder nas comunidades, pero como trampolín para as xerais. Foi inevitable entón interpretar as galegas e as vascas en clave Moncloa, se favorecían a Sánchez ou a Feijóo, e coas deste domingo igual. Saen ambos fortalecidos, un porque o seu partido axigantou a distancia co segundo e o outro porque o seu considerable incremento serviulle para superar ao seu rival pola banda dereita, con quen se disputa en parte o mesmo electorado. E pasadas as catalás veñen as europeas, de circunscrición única para avaliar diafanamente como andan as forzas, tamén as de Vox e Sumar, que nas autonomías históricas andan febles. E con todo, as xerais quedan a longa distancia, tres anos, para desesperación opositora.

Comentarios