Opinión

Tradición recicladora

CADA CATRO anos, como unha tradición histórica, as empresas de reciclaxe de papel teñen máis quefacer do habitual entre final de maio e principios de xuño, porque os cambios municipais conlevan a mutación de documentos en tiras finas para a conversión outra vez en folios limpos. Como se o costume non se puidera quebrar, esta práctica non foi excepción tras o 24-M e o conseguinte 13-X. As imaxes de contedores azuis cheos dan fe disto. Os días previos ou posteriores á toma de posesión dos novos equipos levaron aparelladas miles de horas de traballo diante das destrutoras, bastante máis que noutras ocasións ao producírense mudanzas máis abundantes, e tamén máis abruptas, debido a desaloxos de dirixentes con lustros ou décadas de gobernos ás costas.

Quizais pretendían coa posta en marcha masiva de trituradoras deixar espazo para a creación documental dos novos equipos. Será iso.

Comentarios