Opinión

Trump o bo contra os malos contestatarios

CONSIDERADO TOLO por boa parte do mundo, está ben lonxe de selo. É ben consciente do que fai. Trump e o seu equipo teñen argallada unha estratexia de agresividade contra todo aquilo que o poida importunar e incluso despois de resultar elixido presidente segue con ela como se estivera na oposición. Obama, Hollywood, os medios de comunicación críticos e outros grupos que o reprenden son dianas da súa incontinencia e de asociacións afíns. O inquilino da Casa Branca pinta un mundo bipolar no que sempre busca aparecer como ariete bo contra a maldade que representa calquera progresía, rebeldía ou contestación á súa política radical, e para iso fomenta a circulación de bulos, a manipulación de imaxes para xustificar as súas decisións e se criminalice a calquera que non acepte os seus designios. É o xeito de levar a dianteira política, pero o que non calculou é que xenera máis contestación.

Comentarios