Lunes. 18.03.2019 |
El tiempo
Lunes. 18.03.2019
El tiempo

Un órgano contra os bulos

ALERTADO POLO que sucedeu en Estados Unidos e Brasil, onde Trump e Bolsonaro chegaron ás respectivas presidencias empurrados pola desinformación, o Goberno español busca frear a inxerencia nas eleccións que se aveciñan e evitar a influencia nos resultados. Para iso crea un órgano que non eliminará os bulos pero si atenuará o seu efecto. Hoxe en día a propaganda, en tempos exclusiva dos medios de comunicación clásicos –coa televisión como ariete–, trasladouse ás redes sociais como principal soporte para logo ser reflectida en periódicos, radios e teles. Os novos partidos son hábiles executores destes bulos. O emerxente de extrema dereita teima nunha noticia falsa da agresión de feministas radiciais a tres rapazas en Mallorca por negarse a poñer o lazo morado. Aínda que foi descuberta a mentira, tres días despois insiste con ela na súa campaña machista. Manipulacións para chegar aos electores. É o que se pretende corrixir.

Un órgano contra os bulos
Comentarios