Jueves. 23.11.2017 |
El tiempo
Jueves. 23.11.2017
El tiempo

Uns poderes interveñen noutros

DIGAMOS QUE autonomía si que teñen, pero a separación dos poderes executivo, lexislativo e xudicial non existe en España, e este Estado noso non é excepción. Iso nin é mellor nin peor que si ocorrera, nin máis nin menos democrático, porque non hai ningún sistema perfecto, pero Montesquieu, que viviu no século XVIII, non deixou un modelo inamovible. O executivo depende tanto do lexislativo que é o Parlamento o que valida o presidente, e tamén o pode destituír cunha moción de censura, e este ten a potestade de disolver as Cortes.

E se do xudicial falamos, o máximo órgano interpretativo da Constitución está formado por catro membros propostos polo Congreso, outros tantos polo Senado, dous polo Goberno e outros dous polo CGPJ, que á súa vez é elixido a partes iguais por Congreso e Senado, ou sexa, polo lexislativo. Non ten por que ser mala estrutura, pero non é para endeusala.

Uns poderes interveñen noutros
Comentarios