jueves. 06.05.2021 |
El tiempo
jueves. 06.05.2021
El tiempo

Vacina contra o catastrofismo

Empezouse o proceso de inmunización contra o virus, e aínda que debería concibirse como o inicio da fin da pandemia para outear con optimismo un horizonte novo, continúa a mesma hostilidade contra case todo. Xa incluso a chegada da vacina se utilizou para polemizar porque se revestira o paquete co logotipo do Goberno de España, e continuou polo ritmo de inoculación segundo que comunidade, pois son os executivos autonómicos os responsables da súa xestión. E diso se trata, de xestión, non de ideoloxía, como evidencian as cifras de dúas comunidades gobernadas polo mesmo partido e que son a que máis doses administra (a asturiana) e a que menos (a valenciana), pero ata coas vacinas e o método de subministralas se monta controversia dentro dun proceso catastrofista que parece non ter cura, por máis que como método opositor sexa cuestionable. Parece que aínda non se inventou a terapia contra esta táctica destrutiva.

Vacina contra o catastrofismo
Comentarios
ç