Opinión

Xenocidio idiomático

NON SE TRATA de reaccionar ante o acoso, que non existe, senón de eliminar o distinto, nun xeito de supremacismo idiomático e exclusivo do castelán, cando a lingua ameazada é a galega. É un exercicio de intento de xenocidio do diferente, e non porque agrida, senón pola busca da supresión. Á renuncia institucional por apoiar dunha maneira decidida o idioma galego, súmanse como novidade imperativos cidadás ata agora descoñecidos a modo de "habla español" categórico, como cando unha asociación presentaba unha revista en público. Si é certo que unha entidade leva anos coa súa teima de que se suprima o galego, primeiro cun nome dubidoso e agora con outro máis explícito dos seus propósitos uniformistas. O neocentralismo nacionalista español engorda como reacción ao independentismo catalán e non só en cantidade, senón en visibilidade, e os idiomas periféricos son a principal diana.

Comentarios