Opinión

Xustiza lenta e política purista

SETE ANOS despois de iniciarse as investigacións resulta sobreseído o caso no que se veu envolto Fernando Blanco. Sete. Uns poucos anos atrás tamén quedara incólume polo mesmo asunto outro Blanco, José. E outro José, Orozco, vai superando procesos sen chegar sequera a xuízo. Son exemplos de lentitude da Xustiza, pero tamén de que o academicismo político leva a situacións irreversibles cando as cuestións rematan sen pena.

Están equivocados os que consideran que un xuíz pode decidir un alcalde ao ter en conta que algúns deixaron esas responsabilidades ou non se puideron presentar para exercelas por estar implicados en casos xudiciais, porque a decisión aí non é dos maxistrados senón dos partidos aos que pertencen, que subiron tanto o listón contra a corrupción que non permiten seguir militando ou formando parte dunha lista cando son investigados. Besteiro está no mesmo caso, no limbo, vítima dunha Xustiza lenta e dunha política purista.

Comentarios