Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Evolución / Unha viaxe acuática

Evolución 

Este é o meu primeiro ano de universidade, pero xa fixen bastantes amigos, sei moitas cousas, todos acoden a min para que lles explique os termos que non entenden.

Os meus antepasados proveñen de moitos sitios do mundo, pero ningún era da cidade, preferían o bosque.

Meus pais e mais eu mudámonos á cidade con grandes anhelos de futuro. Desde que saímos do bosque fomos adquirindo moitos coñecementos. Por exemplo, os meus avós saben moito de física e química, os meus pais prefi ren as matemáticas, pola contra os meus tíos elixiron inglés, non obstante os meus curmáns optaron pola astroloxía. Eu son moi distinto a todos eles, escollín medicina.

Toda a semana traballo moito, pero o sábado e o domingo déixanme estar cos meus amigos e amigas. Ás veces falamos das cousas que aprendemos eses días na universidade.

Hai unha cousa que levamos moi mal a miña familia mais eu, estar coa auga. Témoslle moito medo, todos os meus antepasados coñécena como unha asasina.

Eu antes era moi popular na escola, pero agora chegou un novo compañeiro, chamado Internet, que todos empregan, volveuse o máis popular dos arredores. Xa non recorren a min, din que lles proporciona moita máis información en menos tempo.

O meu soño é que algún día sexamos outra vez recoñecidos e valorados como merecemos, porque os libros somos moito máis que un simple obxecto con follas e palabras.

Ese foi o marabilloso principio da miña vida e este é o triste final deste relato.

Laura Rodríguez Lemos

CEIP  da Ribeira [O Porriño]

Unha viaxe acuática 

Un día estaba na auga cos meus amigos, puxémonos a nadar e sen darnos conta chegamos ao océano. Alí puidemos ver un barco enorme onde estaban moitos coñecidos cos que nos cruzaramos na nosa travesía polo mar. Invitáronnos a subir e descansar un pouco, aproveitamos para botar unha sesta.

Cando espertei descubrinme nunha piscina rodeada dunha enorme bancada sobre a que estaba sentada moita xente, que aplaudía cada vez que desapareciamos baixo a auga, e máis tarde aparecíamos de novo. Xunto a nós, unha pequena rapaza agasallábanos cun bo bocado de peixe.

Un día, cando a xente ía abandonando a bancada despois de desfrutar cos nosos xogos acuáticos, escoitei como comentaban entre eles o listas que eramos e a envexa que sentían da forma en que nos desprazabamos pola auga coma se fósemos sereas. O que non sabía a xente era o esforzo que había detrás e o tempo que lle dedicabamos para poder perfeccionar todos os exercicios e piruetas.

O tempo pasou, fi xémonos maiores e agora xa non nos deixan saír á piscina grande, din que xa non lucimos igual. Ademais, co paso do tempo, fomos decatándonos de que a xente das bancadas xa non nos mira con admiración, as súas caras agora refl icten pena e tristura.

Todos estes anos convivindo coa xente das bancadas ensináronme que, a pesar de que somos moi diferentes na forma de desprazarnos no medio acuático, somos moi semellantes no xeito en que miramos a quen acumula anos de veteranía na vida, esa mirada de pena e tristura tan inxusta e que tanto dano fai.

Antía Rodríguez Otero

CEIP  da Pintor Antonio Fernández [Tomiño]  

Evolución / Unha viaxe acuática
Comentarios