Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Lémbrote / É amor ou mentira?

Lémbrote

Lémbrote. Lembro aquel curso no que te coñecín. Só eramos cativos, pero algo de min sabía que tiñas algo especial. Lembro aqueles anos xuntos na primaria. Lembro cando discutira cos meus pais para que me deixasen ir contigo ao mesmo instituto e poder estar xuntos tamén na secundaria. Lembro cando rematamos os estudos e fomos á Universidade de Santiago. Lembro aquel día no que por fi n saquei os meus medos e te levei a cear e aceptaches a miña proposta de ser mozos. Lembro cando marchamos vivir xuntos sen importarnos os comentarios dos nosos pais. Lembro todas as viaxes que fi xemos, Marga, aínda hoxe miro as fotos de vez en cando. Lembro cando casamos e fomos de lúa de mel ata París, aínda lembro hoxe como os teus ollos brillaban ao mirar a Torre Eiffel. Lembro o noso primeiro aniversario, no que che comprei as fl ores máis fermosas que vin na tenda. Lembro cando te empeñaches en ir a Portugal, querías ir ver a túa tía, que emigrara alí había xa moitos anos. Lembro cando íamos no coche cara alá, non parabas de sorrir, e a min encantábame a túa risa. Mireite un momento e en cuestión de segundos chocamos contra unha árbore. O teu sorriso foi desaparecendo pouco a pouco da túa cara. Eu collíate da man mentres o sangue enchía o teu vestido. Minutos despois morriches. Sigo sentíndome culpable polo que aconteceu. Non soporto levantarme cada mañá e ver o teu lado da cama baleiro, sabendo que fun eu o que che quitou a vida. Por iso hoxe, despois de moito tempo de amargura, vou ir na túa procura. Marga, hoxe quitarei a vida, só para volver a estar contigo.

Alba Chaves Pérez

IES Faro das Lúas [Vilanova de Arousa]

É amor ou mentira?

- Tempo... É unha palabra molesta, non o cres? Non lle contestei.

–Mundo... Unha palabra moi pequena para o seu signifi cado. De que está a falar?

–Vida... Realmente témola todos? Por que me pregunta isto?

–Vivir... É o mesmo que non morrer? Non sei que dicir...

–Eu non o creo. Sabes? Estou farta... deste mundo cheo de palabras encerradas nun dicionario. Volveuse tola?

–Palabras que fan dano, baleiras, falsas... Ou chámanse mentiras? –preguntoume cunha sombría expresión, observándome fixamente, coma se buscase na miña expresión a resposta–. Todo iso dá igual... Se ao fi nal as nosas accións son as que contan, non é así?

–Ata onde queres chegar? Non entendo porque actúas desta maneira... Que che pasou? Pasou uns minutos calada. Sen expresión. Como unha moneca de porcelana. De súpeto, comezou a rir, unha risa forte, aguda...

–Ocorre que me sinto morta en vida. Que é vivir? Como se sente? É fermosa? Ou é dolorosa? –con cada pregunta que me facía acercábase máis e máis, ata tela fronte a min, cos seus ollos ben abertos e cun sorriso desesperado, ansioso...

–Teño medo... da besta na que te convertiches... Apartouse de min, lentamente, e sentou cara a min.

–Oe, non sabías que a vida e a mentira van da man? –soltou, volvendo a ser a mesma moneca inexpresiva–. A nosa vida está chea de mentiras... Só mostramos a nosa realidade cando estamos ao bordo do abismo... Cando a mentira mostra a súa inútil resistencia... Non quero que termines coma min. Por iso che pido que te afastes da miña tolaría, das miñas mentiras... Do meu corazón.

–Que? –preguntei sen darme conta.

–É a túa culpa que te queira tanto... De aceptar a miña falsa forma de ser... De non ver a mentira que me encerraba...Teño medo... Ámote tanto que me aterra... Traguei saliva.

–Lanzaríaste ao abismo comigo? Ou afastaríaste da miña enfermidade?

Victoria Anays Cores Aular

IES Faro das Lúas [Vilanova de Arousa]

Lémbrote / É amor ou mentira?
Comentarios