Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Precipicio / Unha excursión ao campo

Precipicio

Frío. Baleiro. A morfi na percorre o antebrazo, as veas xéanse, e sinto o familiar proído. Agora estou deitada na area. Algo me fai cóxegas nas puntas dos pés, e un banco de peixes cruza ao meu costado. Abro os ollos e o salitre cóbreo todo. Os meus cabelos danzan ao redor. Non vexo os raios do sol, debo de estar mergullada ben fondo.

Entón deixo que a corrente me eleve. Ascendo e, metro a metro, a luz aparece mesturada coas burbullas ao meu redor. Sorrío, imaxinando que son quen de respirar, cando os meus pulmóns levan xa un bo cacho suplicando osíxeno. Pero sigo subindo, e o ceo debúxase na superfi cie. Dígolle ao meu corpo que agarde, que en nada poderei axudalo. As miñas extremidades enrédanse coas algas que atopan no camiño, seica arrastro comigo gran parte do fondo mariño, que cada vez pesa máis.

E sucede. Emerxo suavemente, os pés son os primeiros afortunados en sentir o exterior, e paralelo ao meu rostro, o corpo que non sinto como meu sae á superfi cie. Os meus pulmóns comezan a recuperar o seu tamaño habitual, e custa tomar unha bafarada de aire, aínda que podería acabar co osíxeno existente nuns segundos. Os meus ollos céganse coa luz, de súpeto todo brilla. As árbores rodean o que agora semella unha lagoa e esváense coas nubes, por riba de min.

Unha cor translúcida comeza a nubrar a miña vista, primeiro polos bordes, e desaparecen as árbores. Logo polo ceo, borrando o azul e camufl ándose coas nubes sacadas dun conto de fadas. Todo se volve branco, mais eu aínda fl oto na auga, as ondas balancéanme e volvo pechar os ollos. E sinto o frío de novo, apertándome a alma.

–Pas!

E esperto. Todo segue sendo branco, na sala do quirófano.

Sabela Meana Castro

IES Alexande Bóveda  [Vigo]

Unha excursión ao campo

Xurxo dirixíase no seu medio de transporte a inspeccionar o terreo. Non tiña nada mellor que facer. Tras un par de minutos, decidiuse a aparcar e dende alí, continuar a pé. Había unha paisaxe preciosa. Levou consigo unha cantimplora, comida para o xantar, un libro e uns prismáticos. Pensou en camiñar un par de quilómetros, coller o seu transporte e volver á súa casa. Pasaron algunhas horas e xa comezaba a ter sede e algo de fame. Non conseguira atopar nada que chamase a súa atención. Apoiouse contra unha árbore da zona que tiña moitas ramas baixas e dispúxose a trepalas. Esa aventura foi todo un éxito. Agora si, sentado nunha rama, contemplaba feliz a paisaxe comendo os plátanos que levaba consigo. Tamén esgotou o zume de piña. Era a hora de ler, quedábanlle unhas cantas follas, así que se decidiu a terminalas. Cando rematou, desfi xo todo o camiño, coa intención de chegar de novo ao seu transporte. Notábase xa canso. Porén, chegou bastante ben de enerxías. Montou e dirixiuse á súa casa, na cidade. O seu transporte era moi lento e pesado. Alcanzou a entrada da cidade case de noite. Aínda debería haber moito ambiente e confirmouno ao penetrar no centro. As persoas comezaron a berrar con medo e asombro. Nunca viran na cidade un chimpancé montado nun elefante..

José Augusto Moares Guedes

IES A Basella  [Vilagarcía de Arousa]

Precipicio / Unha excursión ao campo
Comentarios