Jueves. 22.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 22.11.2018
El tiempo

O tempo dos alaridos / A miña vida

O tempo dos alaridos 

Esta tiña que ser. Sen ningunha dúbida, tiña que ser. Era igual cás lendas. Entrou pola fenda do muro con valentía. As azueiras que contaban parecían certas, pois el escoitaba os gritos de tristeza na escuridade. Ao confi rmar isto entroulle medo, que se foi engrandecendo segundo se mergullaba no calixe. O seu cerebro dicíalle que tiña que atopar algo, sen saber que.

O seu instinto guiábao entre as sombras sen saber como nin por que. Cada vez que dubidaba, o instinto dicíalle por onde ir. Nunca lle pasara nada parecido. "Ninguén saíu de aí… É moi perigoso!" Para el, iso eran parvadas. Non había nada que se resistise ao seu enxeño. Pero unha pequena voz no seu interior facía que el crera o contrario.

Por fin o atopou. Unha antecámara que daba paso ao que buscaba, que estaba protexido por dúas grandes portas con inscricións nunha lingua que soubo recoñecer polos seus anos como arqueólogo. Era grego. Non tiña sentido, xa que se atopaba no medio dunha illa do océano Índico. «Só tes unha oportunidade.» Confi ou na inscrición e tratou de pensar. Diferentes signos que pulsar para atopalo. Unha copa, un falcón, un diamante, un colar e un pergameo.

A súa mente dicíalle que o pergameo sería a resposta, pero o instinto adiantouno. Premeu a copa e a porta abriuse, deixando á vista unha copa de ouro que producía aqueles gritos. Parecía tan valiosa que correu a collela. En canto a tocou, a súa alma meteuse dentro da copa, substituíndo a anterior. Alí dentro sufriu pola dor que sentía e comezou a gritar eternamente, tomando o sitio da outra alma, ata que alguén máis tentase collela.

Hai unha cousa que el non sabía. Que o instinto non sempre nos guía. 

Héctor Dorribo Vázquez
CEIP Altamar [Vigo]

A miña vida

Ola! Eu son o máis pequeno da miña familia e son moi inquedo, non paro quieto, gústame moito correr e por iso corro tanto. Este é o meu irmán, cada minuto avísoo para que xogue comigo, el ignórame e pasa de min, pero non perdo a esperanza de que xogue comigo. Tamén está o meu pai, que é un durmiñón; dorme todo o día! Cada hora eu espértoo, pero ao instante volve durmir. O que acabo de contarvos é o que pasa todos os días, pero estou acostumado ao de sempre. Mentres vou dando voltas, vou facendo un ruidiño para non aburrirme. Eu case nunca paro, pero se levo moito tempo, paro de golpe a descansar, aínda que non elixo eu o momento. Eu son moi alto, o máis alto de todos, pero tamén o máis delgado, meu irmán é case tan alto coma min, pero non tan delgado. O meu pai, a pesar de ser o maior, é o máis pequeno. A pesar de que eles vaian menos rápido, todos damos voltas. Así que, amigos e amigas, xa sabedes como é a vida dunha agulla dos segundos dun reloxo, pero non vos preocupedes por min, porque estou acostumada ao de sempre. 

David Estévez Silva
CEIP Balaídos [Vigo]

O tempo dos alaridos / A miña vida
Comentarios